Sunday 12 de May de 2024

As Somozas abre a piscina descuberta municipal do 26 de xuño ao 17 de setembro


• Abrirá de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas, e as solicitudes de abonos para a piscina deberán facerse no Concello en horario de 9:00 a 14:00 h

• As persoas abonadas á Pavillón Municipal terán acceso de balde á piscina

O Concello das Somozas abrirá a piscina descuberta municipal para a tempada estival, do día 26 de xuño ata o 17 de setembro.

O horario de apertura será de luns a domingo, de l4:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos terán acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de l8:00 h a 21:00 h.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a l4:00h.